Entradas

A ABSTRACCIÓN con puntos, liñas e planos.

 Este 2º trimestre o alumnado de 1º da ESO traballaron os elementos básicos de expresión grafoplástica: a LIÑA, o PUNTO e o PLANO para crear unha obra artística ABSTRACTA.  Realizaron o traballo con recortes de cartolinas. En primeiro lugar realizaron un bosquexo no que decidiron as formas e as cores de cada elemente. Trazaron, recortaron e pegaron os diferentes tipos de planos (xeométricos e orgánicos), os diferentes tipos de liñas (rectas, onduladas, quebradas...) e os puntos. Unha vez recortadas as pezas, deixáronas caer ao azar, recolocándoas un pouco para un mellor resultado. Primeiro os planos máis grandes, despois os planos máis pequenos, de seguido as liñas e finalmente os puntos. E este é o fantástico resultado.

O Círculo

A Liña e o Plano.