Recuperacións

PLAN DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DAS AVALIACIÓNS PENDENTES

Por non se tratar dunha materia de avaliación continua, considérase que o alumno que quera recuperar algunha das avaliacións suspensas deberá entregar de novo os traballos non aprobados ou non entregados antes da reunión da seguinte avaliación . De ter dúas avaliacións suspensas, poderá presentar os traballos de recuperación a finais de curso e de suspender en xuño xa quedarían (especificaríase cales) para setembro.


PLAN DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES

Para recuperar esta área como materia pendente doutros anos terán que presentar unha serie de actividades, que se lles notificará uns meses antes da convocatoria extraordinaria de Maio ou de Setembro dacordo cos estándares esixibles xa indicados na programación. No caso da convocatoria de maio a relación de actividades se lles dará en xaneiro e se lles informará da data na que terán que entregar cada un dos traballos. Dependendo do tipo de traballa deberán entregalos cada unha ou dúas semanas. A non entrega dentro do prazo acordado suporá un suspenso nese traballo e a repetición do mesmo. Deberán entregar todos os traballos limpos, correctos e ordenados e de faltar un só non se superaría a asignatura.Serán avaliados do 1 ao 10 sendo o aprovado o 5. A nota final extravase da media dos trabalhos presentados. Para facilitar o traballo colgarase no blog da materia  recomendacións e exemplos para a súa consulta ademais da axuda directa da profesora.


TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA DE Ed. PLÁSTICA e VISUAL EN MAIO (3ºESO)

1.  Inventa unha EMOTICONAque penses que aínda non existe en whatsapp e escribe debaixo unha breve explicación do seu significado.

2.  Elabora un círculo cromáticocon témperas

3.  Crea un cadro abstractocon témperas.Inclúe algun rasgado e algunha textura visual (recorte dun xornal ou revista, unha tea…) Ponlle un título que aluda a algún sentimento.

4.  Debuxa en catroláminas as 4 formas de facer unha espiral. As podes atopar en Internet en Youtube.

5.  Debuxa agora dous ÓVALOSnunha mesma lámina. (Tamén os tes explicados en internet se non te acordas como se fan)

6.  Elabora un traballo A MAN, non a ordenador, no que contes a Historia do Cine(abonda con dúas páxinas). Os seus comenzos, o paso do cine mudo ao cine sonoro e ao cine de cor (thecnicolor)
  


Pon o teu nome a cada lámina e o número de traballo ao que corresponda. Non se dará por válida ningunha lámina que se presente MAL COLOREADA, isto quere dicir, que non se pode ver o branco do fondo da lámina e lembra que tes que calcar cos lápis de cores pero non co lápis de grafito. Fíxate ben nas pautas que che dou en cada traballo. É OBRIGATORIO ENTREGAR AS SEIS LÁMINAS NO DÍA ACORDADO DE MAIO.