Proxecto "MASCOTA"


Os alumnos de 1º da ESO, durante o primeiro trimestre, fixeron un proxecto nas materias de Lingua Galega, Educación Plástica e Visual e Lingua Francesa. Proximamente incorporarase tamén a materia de Lingua Inglesa. O devandito proxecto, relacionado co proxecto do centro "Coñecece o corazón da nosa Ría", tiña como produto final o deseño dunha mascota para un concurso no que cada aula elixiría un animal como mascota representativa durante todo o ano. Na materia de lingua Galega estudaron e viron os animais (sobre todo paxaros) que nos acompañan case todo o ano na contorna do colexio, ademais dos animáis domésticos e insectos, algunhas normas ortográficas, algo de gramática e literatura. En plástica, os graos de iconicidade e a cor.

Como finalmente non se levou a cabo o concurso, fixemos unha exposición cos traballos de plástica e francés que está tendo moito éxito. É por iso que vos quero felicitar, polo ben que traballastes, polo interese que puxestes e por suposto polo maravilloso resultado, síntome realmente orgullosa do voso esforzo. Deixo o Canvas de Lingua Galega e Plástica e as imaxes das mascotas.
Navia Castro, Salma Del Río,
 Mario Verdejo, David Senra (1ºB)




Noa García, Almudena Álvarez,
Manuel Peteiro, Marina Meijón (1ºB)


Laura Santiago, Luna Mosquera,
 Rebeca Casal, Victor González (1ºA)


Iria Guerra, Aldara García,
 Raquel Dios, Anxo Torres (1ºA)


Samuel Carballo, Nerea López,
Hugo Garrido, Raquel Solla (1ºA)


Laura Díaz, Lorena Rosales,
Antón Rodríguez, David Chan (1ºB)


Ana Torres, Teri Santiago,
Juanma García, Marcos Cadilla (1ºB)


Iria García, Roberto Rego,
Oscar Hermida, Hugo González (1ºA)


Ainara Real, Uxía Iglesias,
Manuel Brea, Andrés Herguera (1ºA)




CANVAS para o PROXECTO – MASCOTA - 1º ESO PLÁSTICA e LINGUA GALEGA

COMPETENCIAS CLAVE
  CCL
  CD
  CCEC
  CAA
  CSIEE
  CCSC

PRODUTO FINAL

Participar no concurso A MASCOTA DA NOSA RÍA para o Proxecto de centro “ESCOITA O CORAZÓN DA NOSA RÍA”

RECURSOS

Material de plástica:
Láminas DIN A4
lapis B
lapis de cores
libreta de Bocetos
Cartolinas
Pegamento, tesoiras

ESTÁNDARES de APRENDIZAXE

Lingua Galega
  LGB1.3.1. Coñece e aprecia as normas que rexen a cortesía na comunicación oral (intervén na orde que lle corresponde, manifesta respecto polas opinións alleas e recoñece e rexeita a linguaxe discriminatoria).
  LGB1.6.2. Comprende, interpreta e rexeita os prexuízos que se poidan asociar á pronuncia da lingua galega.
  LGB1.6.3. Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e asúmea como a variedade habitual do seu contexto.
  LGB1.7.3. Emprega nas intervencións orais espontáneas expresións propias do galego (fraseoloxía adecuada).
  LGB1.7.4. Emprega nas intervencións orais espontáneas un léxico rico e variado.
  LGB1.8.1. Intervén en debates e coloquios do ámbito educativo, respectando as regras de interacción.
  LGB2.1.4. Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.
  LGB2.1.5. Interpreta o significado de elementos non lingüísticos (símbolos, iconas, etc.).
  LGB2.1.6. Busca información para ampliar e completar o contido das mensaxes a través de distintos recursos: xornais, revistas, libros, enciclopedias, buscadores de internet.
  LGB2.8.5. Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.
  LGB2.8.4. Puntúa o texto en relación coa organización oracional e a forma do texto (os parágrafos e a distribución e organización das ideas expresadas)
  LGB2.8.1. Utiliza esquemas sinxelos e notas para ordenar as ideas e estruturar o contido do texto.
  LGB2.13.2. Emprega os correctores ortográficos para resolver dúbidas e revisar a ortografía.
  LGB2.14.1. Participa, de modo guiado, nas tarefas de revisión e mellora das producións propias e alleas.
  LGB2.14.2. Acepta o erro como parte do proceso de aprendizaxe e mostra unha actitude positiva de superación.
  LGB3.4.1. Aplica correctamente as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
PLASTICA
  EPVAB1.4.2. Realiza composicións básicas con diferentes técnicas segundo as propostas establecidas por escrito.
  EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.
  EPVAB1.7.5. Crea co papel recortado formas abstractas e figurativas compóndoas con fins ilustrativos, decorativos ou comunicativos.
  EPVAB1.7.6. Aproveita materiais reciclados para a elaboración de obras de forma responsable co medio e aproveitando as súas calidades gráfico-plásticas.
  EPVAB1.7.7. Mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.
  EPVAB2.1.1. Diferencia imaxes figurativas de abstractas.
  EPVAB2.1.2. Recoñece graos de iconicidade nunha serie de imaxes.
  EPVAB2.1.3. Crea imaxes con distintos graos de iconicidade baseándose nun mesmo tema.
  EPVAB2.2.1. Distingue símbolos de iconas.
  EPVAB2.2.2. Deseña símbolos e iconas.
TAREFAS

LINGUA GALEGA

1.      Facer unha lista dos animais domésticos, en grupo cooperativo, que coñezades.
2.      Completar esta lista coa que está colgada no blog de lingua galega: scplinguagalega@blogspot.com
3.      Estudar o xénero e número dos substantivos e adxectivos (Gramática)
4.      Observar, dende as fiestras da aula de Plástica, as diferentes aves  que nos acompañan durante case todo o ano. Recoller o seu nome nunha lista e intentar aumentala buscando máis aves durante o traslado a casa ou no recreo..
5.      Buscar información sobre estas aves na páxina: “A vida nos nosos ríos” http://www.rios-galegos.com
6.      Ver e comentar o video “Veciñas do Aire” de Federico de la Peña.
7.      Repaso da acentuación e os tiles diacríticos (Ortografía)
8.      En grupo cooperativo, facer unha lista dos insectos que coñezades.
9.      Buscar información para elaborar unha descrición dalgúns destes animais en internet.http://www.rios-galegos.com
10.   Buscar  ou recordar, en grupo, contos ou fábulas que teñan como protagonistas animais. (Literatura)
11.   Escribir un conto coa técnica do “Fólio Xiratorio”.
12.  Repaso de todos os animais
13.   Control de vocabulario.
14.   Saída á ruta de sendeirismo do río Gafos para a observación dos animais da ría.

ED. PLÁSTICA

1.      Realización do organigrama.
2.      En grupo cooperativo elexir un animal no que inspirarvos para facer a mascota do proxecto. Tede en conta o que queredes que represente.
3.      Buscar información sobre os “Graos de iconicidade das imaxes”.
4.      Realizar, individualmente, un debuxo sobre o animal elexido baixando o grao de iconicidade da imaxe real (fotografía)
5.      Compoñer un boceto  en grupo no que incluades o mellor de cada debuxo imdividual.
6.      Elexir, entre todos, as cores coas que colorear a mascota no boceto.
7.      Poñerlle nome á Mascota (en galego).

8.      Pasar a limpo a Mascota realizándoa pegando recortes de cartolinas ou outro tipo de papeis. Podedes rasgar ou recortar con tesoiras o papel.
9.      Presentar á clase a mascota, o porqué da elección do animal e o que simboliza.
10.  Realizar a autoavaliación e coavaliación.

FERRAMENTAS TIC

iPad da profesora
Tablets dos alumnos
Ordenador da aula
Aula de informática




MÉTODOS de EVALUACIÓN
Control de vocabulario
Rúbricas de para este proxecto
Rúbrica de autoavaliación e coavaliación
Rexistros de Observación


DIFUSIÓN

Exposición oral na aula
Blog de Ed. Plástica

AGRUPAMENTO/ORGANIZACIÓN
 AGRUPAMENTO  GRUPO COOPEATIVO
 1-  Coordinador: Coordina. Indica as tarefas que cada un debe realizar.Comproba que todos cumpran a súa tarefa. Ánima ao equipo.
 2-Secretario:  Recorda as tarefas. Comproba que todos trouxeran as tarefas.
 3- Supervisor: supervisa o nivel de ruído. Controla o tempo. Coida os materiais.
 4- Portavoz: Presenta ao resto de compañeiros as tarefas realizadas. Pregunta
 as dúbidas do grupo ao profesor.
 5- Crítico: Critica. Asesórase e infórmase (se o hai)