EMOCIÓNATE !!!



         Durante este trimestre os alumnos de 1º da ESO A e B fixeron un proxecto sobre as emocións "EMOCIÓNATE" en Ed.Plástica e Lingua Galega. O producto final do proxecto consistiu  na elaboración dunha cara de cartolina coas partes móbiles para conseguir diferentes expresións de emocións. Ademais na lectura dun texto narrativo no que ademais de describir de forma obxectiva e subxectiva a  máscara tiñan que crear unha historia na que tiveran que cambiar a lo menos catro veces a expresión da cara.
        Para chegar ata aquí tiveron que aprender as partes da cara e do corpo buscando información, observando un powerpoint, buscaron adxectivos descritivos para cada parte da cara. Fixeron descricións de persoas, traducions (castelán/galego), un control das partes do corpo e cara...
          O resultado foi moi satisfactorio e penso que ademais de aprender o pasaron ben.

 

 

 

 




 

 


 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 


 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 







CANVAS para o PROYECTO “EMOCIÓNATE”

COMPETENCIAS CLAVE

CCL, CSC, CSIEE, CD, CAA





PREGUNTA GUÍA:

Coñeces como se chaman as partes do corpo externas?como describirías a unha persoa?

PRODUTO FINAL

Realizar unha “máscara das emocións”texto narrativo e descritivo dun personaxe
Lectura do texto

Que queremos conseguir?
Que reto queremos resolver?
A que problema queremos dar solución?
RECURSOS

Profesora de Lingua Galega e Ed. Plástica
Alumnos
Aula de Plástica
Dicionario
Cartolinas, pegamento, tesoiras, lapis…
Fotocopias
Apuntamentos

Que persoas deben implicarse?
Que outros materiais son precisos?
Algunha instalación especial?
ESTÁNDARES de APRENDIZAXE

LGB1.2.2. Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe con progresiva autonomía.   
LGB1.3.2. Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume) e o significado da linguaxe non verbal
LGB1.7.1. Produce textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.
LGB2.1.4. Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.
LGB2.1.5. Interpreta o significado de elementos non lingüísticos (símbolos, iconas, etc.).
LGB2.4.2. Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe guiadas, con progresiva autonomía.
LGB2.7.1. Le en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados e con respecto pola puntuación do texto.
LGB2.8.1. Utiliza esquemas sinxelos e notas para ordenar as ideas e estruturar o contido do texto.
LGB2.8.4. Puntúa o texto en relación coa organización oracional e a forma do texto (os parágrafos e a distribución e organización das ideas expresadas).
LGB2.8.5. Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.
LGB2.12.1. Produce textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
LGB3.12.1. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
EPVAB1.7.1. Utiliza con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.
EPVAB1.7.4. Utiliza o papel como material, manipulándoo, resgando ou pregando, creando texturas visuais e táctiles, para crear composicións, colaxes matéricas e figuras tridimensionais.
EPVAB1.7.5. Crea co papel recortado formas abstractas e figurativas compóndoas con fins ilustrativos, decorativos ou comunicativos.
EPVAB1.7.7. Mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.
TAREFAS

Recordamos, en grupo cooperativo, todas as partes do corpo e as colocamos nun debuxo de creación propia. Buscamos máis información ademais da que se proporciona na clase.
Buscamos adxectivos que describan cada parte do corpo atopada.
Traducimos do castelán a fotocopia dos adxectivos relativos a cada parte do corpo.
Pensamos adxectivos que nos poden definir psicoloxicamente e poñemos nome as emocións
Facemos unha descrición física e psicolóxica dun compañeiro individualmente e as lemos ao resto dos compañeiros para que adiviñen de quen se trata.
En grupo cooperativo facemos con recortes de cartolina a máscara das emocións. Unha vez pensado entre todos o boceto da máscara o coordinador reparte o traballo. Debuxamos, recortamos e pegamos cada parte da cara e as presentamos para asegurarmos o acabado desexable. Para finalizar colocamos os encadernadores. Preparamos as máscaras segundo a emoción que queramos transmitir.
Faremos por fin un texto narrativo no que describamos  e poñamos nome á nosa máscara e contemos una historia no que estea presente a lo menos 5 emocións distintas.
Decidimos quen sae do grupo coa máscara , quen a modifica e quen le o texto. Facemos  entre todos unha crítica construtiva do traballo final de cada grupo.
Enchemos unha ficha ou rúbrica de autoavaliación.



Que temos que facer para acadar o produto final?
FERRAMENTAS TIC

iPad

Ordenador da aula

















¿Qué App y herramientas TIC necesitamos?
¿Qué servicios web vamos a usar?
¿Podemos vincularlas con las tareas?
MÉTODOS de EVALUACIÓN

Rexistro de tarefas
Rúbrica de traballo de plástica
Rúbrica de autoavaliación e coavaliación
Rexistro de Observación










Que ferramentas e estratexias innovadoras  de avaliación imos aplicar?

DIFUSIÓN

Exposición oral na aula
Blog de Ed. Plástica e Blog de Lingua Galega












Como imos difundir e compartir o noso proxecto?
AGRUPAMENTO/ORGANIZACIÓN

 AGRUPAMENTO  GRUPO COOPEATIVO
 1-  Coordinador: Coordina. Indica as tarefas que cada un debe realizar.Comproba que todos cumpran a súa tarefa. Ánima ao equipo.
 2-Secretario:  Recorda as tarefas. Comproba que todos trouxeran as tarefas.
 3- Moderador: supervisa o nivel de ruído. Controla o tempo. Coida os materiais.
 4- Portavoz: Presenta ao resto de compañeiros as tarefas realizadas. Pregunta
 as dúbidas do grupo ao profesor.
 5- Crítico: Critica. Asesórase e infórmase


Como se vai agrupar os alumnos? Como imos organizar a aula?