12 diciembre 2016

EMOCIÓNATE !!!



         Durante este trimestre os alumnos de 1º da ESO A e B fixeron un proxecto sobre as emocións "EMOCIÓNATE" en Ed.Plástica e Lingua Galega. O producto final do proxecto consistiu  na elaboración dunha cara de cartolina coas partes móbiles para conseguir diferentes expresións de emocións. Ademais na lectura dun texto narrativo no que ademais de describir de forma obxectiva e subxectiva a  máscara tiñan que crear unha historia na que tiveran que cambiar a lo menos catro veces a expresión da cara.
        Para chegar ata aquí tiveron que aprender as partes da cara e do corpo buscando información, observando un powerpoint, buscaron adxectivos descritivos para cada parte da cara. Fixeron descricións de persoas, traducions (castelán/galego), un control das partes do corpo e cara...
          O resultado foi moi satisfactorio e penso que ademais de aprender o pasaron ben.

 

 

 

 

14 noviembre 2016

O PUNTO con YAYOI KUSAMA de 1º ESO B


Os alumnos de 1º da ESO B quixeron traballar o punto empregando a idea da famosa artista xaponesa Yayoi Kusama e así facerlle unha homenaxe. 











16 mayo 2016

PAPER FLOWER WALL


    Os alumnos de 1º da ESO construíron esta parede de flores elaboradas coa técnica do KIRIGAMI para celebrar a chegada da tan esperada PRIMAVERA. Esperemos que co bonita que quedou invite á Primavera a quedarse un longo tempo.


28 marzo 2016

PROXECTO CO VOCABULARIO DOS ALIMENTOS


 Para traballar co vocabulario dos ALIMENTOS os alumnos de 1º da ESO elaboraron, nas materias de Ed. Plástica e Lingua Galega, unhas CARTAS de MENÚ para cada día da semana moi orixinais. Empregaron para a súa realización os materiais que cada grupo cooperativo considerou necesario.



























ShareThis