27 mayo 2015

PROXECTO para o MURAL do corredor dos alumnos de tres anos de INFANTIL

Este ano, os alumnos de da ESO A fixemos un PROXECTO de plástica cos rapaces de tres anos. Tivemos que realizar un gran mural para decorarlles a parede do corredor que hai preto das súas aulas. Asociamos grupos cooperativos de meniños de infantil con grupos cooperativos de 1º ESO para elaborar entre todos o mural. Os pequenos tiveron que elexir, finalmente, de entre os proxectos de cada grupo o que quixeron que se colgara na parede.