09 abril 2014

Proyecto Tangram

   Os alumnos de 1º da ESO fixeron este ano un proxecto dun Tangram nas materias de Matemáticas, Proxecto Interdisciplinar e Ed. Plástica e Visual.
   Este proxecto consta da elaboración dun Tangram co material que coidasen máis axeitado, unha caixa para gardalo e unha serie de fichas con diferentes modelos. Na materia de Matemáticas explicóuselles as formas xeométricas e áreas do que se compón o xogo chinés. No proxecto e en Ed. Plástica elaboraron o xogo empregando como metodoloxía o traballo cooperativo que como é lóxico ten que acompañar a todo proxecto. Para rematar, irán ás clases de 2º de Primaria para comprobar a validez e resistencia dos Tangrams e ensinar a xogar ós meniños.
















ShareThis